miércoles, 15 de noviembre de 2017

Características do hipertexto.

Resultado de imagen de hipertexto


a)            A conectividade é a cualidade que permite, mediante ligazóns, facer conexións interdocumentais e intradocumentais.

Hai dúas formas de conectividade:

      1)            A que establece conexións interdocumentais -a outras páxinas-: A forma máis habitual é a de hipervínculos ou referencias cruzadas automáticas que van a outros documentos (lexías).

    2)            A que establece conexións intradocumentais: Outra forma de hipertexto é o stretchtext que consiste en dous indicadores ou aceleradores e unha pantalla. O primeiro indicador permite que o escrito poida moverse de arriba cara abaixo na pantalla.

b)           Dixitabilidade: Un dos elementos fundamentais que confire a súa natureza ao hipertexto é o feito de que se desenvolve en documentos dixitalizados e instrumentalizados por computadoras. Texto, imaxes fixas ou en movemento, sons, vídeos, etc. se dixitalizan e computabilizan ao codificarse en bits de información. Isto fai que se vaia rapidísimo dun sitio a outro.

c)            Lectura non secuencial: O lector non le dende principio a fin sen repeticións nin omisións. O contido secuencial do discurso escrito, paso a paso, secuencia a secuencia, pode ser roto, xa que o hipertexto permite un acceso non lineal á información por medio de saltos a través de ligazóns, o cal implica poder romper cun fío discursivo único e modificar a secuencia única como principio ordenador da información.

En moitos casos, o lector/usuario é quen elixe a ruta a seguir. Por iso é polo que se fala de descentramento, da degradación da figura do autor e da importancia do lector, e de que a cantidade de información recibida pode provocar sobrecarga e desbordamiento cognitivo posto que os camiños de exploración dos documentos son múltiples, e o lector pode chegar a desorientarse se intenta penetrar ou profundar en todos os niveis da rede hipertextual.

d)           A multimedialidade supón a integración no hipertexto de distintos medios. Os documentos hipertextuaies poden ser textuais, gráficos, sonoros, animados, audiovisuais ou unha combinación de parte ou de todas estas morfoloxías.

e)           Interactividade: isto é evidente.


f)            A información ofrecida nun hipertexto adoita estar suxeita a unha actualización e mantemento continuos, independientemente da súa variabilidade espacial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario