Desde o buscador:
- www.google.com, www.bing.com, www.yahoo.com
- Hai que introducir unha clave de procura.
- Como cada buscador ten os seus propios parámetros, poida que os resultados sexan moi diferentes.
- Claves de procura posibles:
a) Linguaxe natural:
* Copiar literalmente a pregunta á que desexo dar resposta, por exemplo: Como se arranxa un ordenador?
* Buscar así é bastante arriscado porque é moi ambiguo.
b) Frases literais:
* Útil para buscar páxinas web que conteñan literalmente esa frase.
* Cópiase entre comiñas.
* Útil para atopar referencias bibliográficas.
c) Asociación de palabras crave:
* Usamos á vez varias palabras que consideramos que están relacionadas co que queremos buscar.
* Esta forma de procura axusta bastante os resultados.
d) Exclusión de termos.
* Ponse un guión logo do que queremos buscar e a continuación copiamos o que queremos excluír.
* Útil cando nos aparecen sempre resultados relacionados con algo que non queremos.
e) Comodines.
* Represéntase cun asterisco.
* Úsase para reemplazar un conxunto indeterminado de caracteres.
* Abre máis a procura.
f) Procura avanzada.
* Acoutar a procura.
* Cada buscador dá as súas propias opcións para acoutar.
g) Redefinición da procura.
* Logo da avaliación da información, se os resultados non nos satisfán, hai que redefinila, cambiar os parámetros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario