miércoles, 15 de noviembre de 2017

Blogs



    Blog é un sitio web onde se publica contido cada certo tempo, inventouno Justin Hall ( pero, dise que ese é o creador falso).

    O máis recente que se publicou é o primeiro que aparece na pantalla.

   Hai diferentes tipos:

 - Blogs corporativos: Utilízanos as empresas para conseguir máis clientes.
- Blogs de marcas: Serven para coñecer marcas profesionais.
- Blogs de rede privada: Só pode visitalos o seu autor.
- Blogs profesionais: Intentan conseguir máis clientes.
- Blogs persoais: Serven para contar a túa vida/todo o que fas.
- Blogs de nicho: Serven para conseguir posicionamiento en Google.
- Blogs metralla: Intentan conseguir diñeiro custe o que custe.

    Hai unha chea de blogs, pero, os máis visitados son:

- Boing Boing: Fala sobre todo tipo de entretenimiento.
- Post Secret: As persoas contan os seus segredos de forma anónima.
- Engadget: Fala sobre gadgets e aparellos elecrónicos.
- Daily Kos: Trata sobre política.
- Gizmodo: Fala tamén, como Engadget, sobre gadgets e aparellos elecrónicos.

    Un blogger profesional é unha persoa que logrou converter a súa hobby no seu traballo. Hai moitos bloggers, pero os máis coñecidos son:

- Chiara Ferrangni
- Lovely Pepa
- Song of style
- Olivia Pallermo
- Tuula Vintage

  O seu verdadeiro creador é Dave Winer en 1997 por Scripting news.

    A forma curta, «blog», foi acuñada por Peter Merholz, quen dividiu a palabra weblog na frase we blog na barra lateral da súa blog en abril ou maio de 1999.

    O uso de blogs difundiuse durante 1999 e os seguintes anos, sendo moi popularizado durante a chegada das primeiras ferramentas de blogs.

   Os primeiros blogs estadounidenses populares apareceron en 2001.

  En español tamén apareceron os primeiros blogs nesa época. Os máis destacados foron no ano 2000 o blog chamado Terremoto.net e no ano 2001 apareceron Claudia-P.com, onde unha adolescente de Madrid explicaba a súa peculiar vida persoal.

Para crearse un blog podes ir a blogger, unha empresa chamada Pyra Labs, creada por Evan Williams e Meg Hourihan. Tamén podes usar wordpress. 

    No ano 2006, escolleuse a data do 31 de agosto para celebrar en toda a rede o chamado Día internacional do blog.

    En 2003 foi comprado por google con máis de 100000 de usuarios.

Características xerais:


   Ten elementos gráficos (fotos, etc...). Pode axudar á comprensión, pero hai que poñela en relación co texto escrito para chegar ao significado global do texto.

Vocabulario dos blogs:

   Blog: Contracción de Weblog. Sitio web que contén textos, enlaces ou fotos publicados cronolóxicamente, en xeral por unha soa persoa, desde unha perspectiva persoal. 

   Bloguear (To Blog): Dispoñer ou publicar materiais nun blog.

    Bloguer (Blogger): Persoa que mantén un blog.

    Blogosfera (Blogosphere): Todos os blogs ou a comunidade bloguera.

    Blogroll: Lista de ligazóns externos que aparecen nun blog, a miúdo ligazóns cara a outros blogs e mostrados dentro dunha columna na páxina principal. En ocasións, trátase dunha sub-comunidade de bloguers que son amigos.

    Blogware: Software que se utiliza para a xestión e mantemento dun blog.

    Comentario Spam (Spam Comment): Como no caso do spam no e-mail, os robots de spam (spambots) tratan de inundar un blog con publicidade en forma de comentarios falsos.  

   Permalink: Contracción de Permanent Link. Dirección web única de cada texto publicado dentro dun blog. É unha forma sinxela para gardar un texto ata logo de ser arquivado.

    Photoblog: Blog que contén principalmente fotografías, publicadas de forma constante e cronolóxica.

    Podcasting: Contracción de iPod e Broadcasting. Publicación de material sonoro e/ou audiovisual nun blog xunto co seu fichero RSS para os reproductores dixitales.

    Post: Cada un dos elementos publicados nun blog. Pode tratarse dunha nota, unha noticia, unha foto ou simplemente un enlace. En xeral, trátase de textos curtos con distintos enlaces que os usuarios poden comentar libremente.


    RSS (Really Simple Syndication): Sistema para manexar os últimos textos publicados dentro dun sitio web, especialmente deseñado para os blogs xa que alerta aos usuarios que os seus webs favoritas foron actualizadas. Tamén se pode sindicar contidos permitindo a outro sitio web reproducir total ou parcialmente contido dun sitio. É unha forma rápida de retransmitir información, especialmente nos sitios web dos medios de comunicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario