domingo, 11 de marzo de 2018

Snapchat




Resultado de imagen de snapchat

   
    Snapchat é unha rede social que nos permite compartir imaxes e videos públicamente. As súas funcións se fundamentan en enviar fotos e videos de xeito público e privada aos usuarios que se teñan agregados. A característica que fai de Snapchat unha rede social situada, é que os arquivos que se envían, elimínanse. 

   Ademais, Snapchat converteuse nunha especie de fenómeno social que atrapa a atención dos mozos entre 15 e 30 anos. Foi tan exitoso, que Facebook quixo compralo por 3 mil millóns de dólares pero fracasou no intento. A través desta rede social, as persoas envían máis de cincocentos millóns de fotos a diario (superando a Facebook) e xerou millóns de usuarios ao redor do mundo desde setembro de 2011.

   Foi creada en 2011 por Evan Spiegel e máis tarde foi perfeccionado por Bobby Murphy, tamén por Reggie Brown. Inicialmente chamábase Picaboob. Foi creada para a clase de deseño de produtos da Universidade de Standford. O nome da pantasma é GhostFace Chillah, en honor ao rapero GhostFace Killah. A aplicación ten 158 millóns de usuarios activos, a maioría mulleres e adolescentes. Publícanse 40 millóns de fotos ao día. 

    A fotos que envías duran entre un e dez segundos. Coa nova actualización podes subir fotos ou vídeos durante 24 horas. Tamén podes poñer snaps, que son uns filtros nos cales hai diferentes animaciones, obxectos, etc...

    
Contén chat sen custo e geofiltros con pegatinas. Tamén contén bitmojis, que é como unha caricatura. A aplicación está dividida en catro pantallas principais.



   A finais do ano 2017, Snapchat cambiou o seu modelo estándar que só mostraba as historias dos amigos dos usuarios, e pasou a mostrar historias e publicacións que se axustan ao interese de cada persoa. 

    Como se crea unha conta? 

1. Abre a aplicación de Snapchat e presiona rexistrarse. 
2. Escribe o teu nome e apelido e logo presiona rexistrarse e aceptar. 
3. Ingresa a túa data de nacemento e presiona continuar. 
4. Crea un nome de usuario que represente o teu nome e marca. Snapchat suxerirá os nomes de usuario dispoñibles si o que ti queres xa está en uso. Presiona continuar. 
5. Crea unha contraseña e presiona continuar. 
6. Ingresa o teu correo electrónico e presiona continuar.
7. Verifica que non es un robot. Ingresa o teu número telefónico e presiona continuar. 
8. Espera unha mensaxe de texto co código de verificación e logo engádeo en Snapchat. Presiona continuar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario