domingo, 11 de marzo de 2018

Twitch

Resultado de imagen de Twitch

    É unha plataforma que ofrece un servizo para vídeos en vivo propiedade de Amazon.


    O sitio principalmente se enfoca aos videoxogos, incluíndo "playthroughs" xogados por usuarios, transmisión de eSports, e outros eventos relacionados cos videoxogos. 



    O contido do sitio pode ser visto en vivo ou baixo demanda.



    Justin.tv foi lanzado no 2007 por Justin Kan e Emmet Shear.


    O 10 de febreiro do 2014, a compañía matriz de Twitch; Justin.tv, Inc. foi renombrada como Twitch Interactive.

    O 18 de maio do 2014, Variety reportou por primeira vez que Google chegara a un acordo preliminar para adquirir Twitch por medio dunha subsidiaría de YouTube por aproximadamente mil millóns de dólares.

   O 25 de agosto do 2014, foi anunciado que Amazon.com adquiriría Twitch interactive por $970 millóns. Esperábase que o trato finalizase para finais do 2014. Fontes informaron que o trato con Google fracasou.


   Twitch está deseñada como unha plataforma para unha cobertura de electronic sports en tempo real. Isto inclúe unha gran cobertura de torneos de e-sports, streams persoais de xogadores individuais e shows que falen de contido relacionado aos xogos. Unha gran variedade de canles fan Speedruns. A páxina principal de Twitch actualmente mostra xogos baseados na súa audiencia. Os espectadores son na súa maioría homes de entre 18 e 34 anos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario