lunes, 2 de abril de 2018

Ir dunha páxina a outra.



      Os breadcrumbs ou 'migas de pan' é un elemento moi utilizado para que o usuario non se perda, indicándolle onde está e a relación xerárquica dese nodo co resto da estrutura da web. A miga de pan (do inglés breadcrumb) ou o fío de Ariadna (do francés fil d'Ariane) é unha técnica de navegación usada en moitas interfaces gráficas de usuario, ademais de páxinas web. Aínda que o seu deseño pode adoptar infinidade de variantes, en termos xerais consiste nunha liña de texto na que se indica o percorrido seguido e a forma de regresar. Permite que o usuario coñeza a ruta da súa ubicación en directorios e subdirectorios, e navegue a través dela.


Resultado de imagen de breadcrumbs internet

     Os breadcrumbs non indican necesariamente o camiño que seguiron os usuarios para chegar a ese nodo web, por dúas razóns: os usuarios poden vir redirixidos doutras webs; e ademais, que o website utilice breadcrumbs non significa que teña un estrutura hipertextual puramente xerárquica. Indican un posible camiño desde a home ata a páxina actual, e a relación xerárquica entre todos os elementos do breadcrumbs.


Resultado de imagen de breadcrumbs internet


Onde estivo o usuario é forma máis sinxela de indicarlle ao usuario onde estivo. Faise frecendo unha tonalidad de cor diferente para ligazóns xa visitados. O usuario recorda as páxinas que visitou, pero non ten por qué recordar o nome das ligazóns que levaban cara a elas. De feito, quizais nin tan sequera utilizou eses ligazóns para chegar a esas páxinas.


Adiante, Atrás e Inicio. Estes típicos enlaces (case sempre en forma de iconos) poden ter maior ou menor utilidade segundo como se faga uso deles. Non é o mesmo empregar unha barra de navegación (cos iconos 'atrás' e 'adiante') para moverse por un subelemento do site que teña unha estrutura secuencial (como un artigo divido en páxinas ou unha presentación secuencial de diapositivas), que utilizar unha barra de navegación deste tipo para moverse polo sitio web en si.:


     

No hay comentarios:

Publicar un comentario