domingo, 22 de abril de 2018

Por que apenas nos detemos uns segundos en cada páxina web?


Resultado de imagen de detenerse poco en cada página web


   Como sucedeu co caso dos  banners, cando lles mandei aos meus alumnos buscar información na rede, comprobei que as miñas instrucións de que non se detivesen a ler a páxina enteira para saber se lles interesaba ou non foron innecesarias. Botábanlles unha mirada por encima e pasaban á seguinte. 

  Outra vez a psicoloxía cognitiva serve para explicarnos o porqué deste fenómeno. 

  Os alumnos xa sabían que, cando uno un busca información na internet, non o consegue ao primeiro intento. De forma intuitiva saben que a maior número de intentos, maior probabilidade de obter resultados. Os usuarios visualizan rápida e  superficialmente os sitios, para reducir ao máximo o tempo sen recibir reforzo. Incluso descartando sitios adecuados, pero que requiren maior tempo de análise, sempre quedarán outros sitios coa información requirida accesible de maneira rápida. 

  Este fenómeno é o que Skinner chamaría un programa de reforzo de intervalo variable, e que consiste en reforzar positivamente un comportamento só en intervalos irregulares de tempo. É o mesmo mecanismo que utilizan as máquinas comecartos. Como un xogador nestas máquinas, a  posibildad de éxito na procura na internet depende máis que repetir moitas veces rápido, que de facelo poucas detidamente.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario