lunes, 2 de abril de 2018

Proposta de actividade para decidir rápidamente se a páxina me interesa ou non.


Resultado de imagen de paginas web

   Neste caso, traballar coa aprendizaxe por descubrimento non nos levará moito tempo. 

  - Dicímoslles aos alumnos que queremos buscar información sobre algún tema concreto. 

  - Proxectamos no encerado dixital durante uns segundos varias páxinas. Unhas terán que ver co tema e outras non. 

  - Pedímoslles que digan se a páxina nos interesa ou non. 

  - As súas respostas teñen que estar xustificadas. Teñen que dicir por que o saben.

   - Poñemos en común as respostas no encerado. 

   - Anotamos no dossier "Que aprendín" as conclusións. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario